RADIO NA BIBLIO



A comezos  deste curso solicitamos a participación no programa RADIO NA BIBLIO, dependente do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. A nosa solicitude foi aceptada, así que agora formamos parte ducha rede de centros que ten a radio como ferramenta de ensino. Para poder organizarnos da mellor maneira posible participamos tanto o alumnado como o profesorado nun obradoiro de iniciación á radio impartido por Xerardo e Damián, da Asociación cultural PONTE...NAS ONDAS! Nas vindeiras semanas un grupo de profesores e profesoras asistiremos a formación no CFR Ferrol. Tamén teremos a oportunidade de visitar un CEIP e asistir a unha grabación de radio en directo. Comenzamos o camiño.. xa estamos no aire!





Comentarios

Entradas populares