martes, 26 de marzo de 2019

"No corazón do bosque ... urbano"

Unha das actividades que desenvolvemos este curso xorde da necesidade do alumnado de coñecer algo máis a cidade veciña de Ferrol, cuxa riqueza arquitectónica pasou ata o momento desapercibida para a marioría deles. Para iso deseñamos unha tarefa que leva por título "Ferroleando: Guías por un día" na que o alumnado, deseñará un roteiro polo Ferrol Modernista. Eles/elas mesmos/as exercerán de guías para o resto do alumnado e profesorado do centro, e tamén para as familias que desexen participar. Co seu traballo tentarán recaudar fondos para colaborar coa Cociña Económica da cidade. 


Rapaces e rapazas de 4º ESO  buscando información en BibliOurizo

lunes, 25 de marzo de 2019

Día da Poesía

Impresionad@s quedaron os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO coa visita que a escritora Lúa Mosquera nos fixo o Día da Poesía para presentarnos a súa obra "Rasrás". A súa sinceridade e vitalidade fixo que moitos e moitas dos que alí estaban se sentisen identificados coa súa poesía e co seu xeito de entender a vida. Agasallounos cun magnífico poema composto a partir de mensaxes de wassapp escritos por todos os alumnos e alumnas alí presentes. 
Por esa capacidade de espertar emocións mediante os teus poemas dicirche que desde BibliOurizo estamos moi, pero que moi agradecid@s.




Lúa co alumnado de 3º e 4º ESO

Día de Rosalía

O venres 22 de febreiro o alumnado de 3º ESO celebrou en BibliOurizo o Día de Rosalía cun taller moi especial: debuxando rosas a Rosalía. A partir do poema Bos amores inspirouse e deseñou a súa particular rosa. Todas cargadas de colorido e emoción... O alumnado de 4º ESO repartiu ao resto o mesmo poema de Rosalía no que se insertou un código QR que enlazaba co vídeo de Narf no que lle pon música e voz a ese poema.