Concurso Cartas de Amor

BibliOurizo convoca un concurso de Cartas de Amor no que poderán participar os alumnos e alumnas de ESO. As cartas deberán ser orixinais e estar escritas en lingua galega. Tamén a presentación das cartas será tida en conta, ademais do seu contido. As alumnas e alumnos participantes deberán entregar o traballo nun sobre pechado no que figurará un pseudónimo da autora ou autor. A carta ganadora darase a coñecer o xoves 14 de febreiro na biblioteca escolar do centro. 
O xurado que elixirá a carta gañadora estará formado por membros de Equipo de Biblioteca e do EDNL.


Comentarios

Entradas populares