domingo, 17 de febrero de 2019

Día Mundial da Radio 13 febreiro

O mércores 13 de febrero emitimos o noso primeiro programa de radio en RadiOurizo. Foi unha emisión en directo. 
Toda esta loucura comezou cando Xerardo de Ponte...nas Ondas! nos propuxo emitir desde o noso cole un programa para commemorar o Día da Radio. Aceptamos rapidamente, e así empezou esta andaina na radio da que toda a comunidade educativa quedou satisfeita. 
Todos e todas colaboraron: ese día os rapaces e rapazas de 1º ESO  entrevistaron a autoridades como a alcaldesa de Narón, Marian Ferreiro, a concelleria Catalina García, á nosa directora Mª José, ás coordinadoras e coordinadores dos diferentes proxectos, Eva, Ángeles, Pablo, Ana. Tamén participou na sección adicada a Mulleres Pioneiras a atleta Paula Mayobre. Contos, cantos, recitados, refráns, novas deportivas, recomendación culturais, tertulia sobre a lingua, os ripios de Pili, saúdo aos países lusófonos... todo tivo cabida neste magacine que se emitiu o 13 de febreiro desde a nosa recén inaugurada radio escolar e do que estamos moi orgullosos porque nos permitiu reforzar a idea de que somos un gran equipo. 
Podedes escoitar e ver o programa no seguinte enlace: