domingo, 25 de noviembre de 2018

25 novembro en BibliOurizo

Durante esta semana o alumnado da ESO colaborou na elaboración deste vídeo no que se dí NON unha vez máis á violencia contra a muller. As fiestras de Bibliourizo cubríronse de NON. Non á violencia, ao machismo, non aos medios de comunicación hipócritas que permiten comentarios e actuacións inadmisibles no século XXI. Porque pensamos que a solución está na EDUCACIÓN: dicimos NON á violencia contra a muller. 








Botando Contos

Actividade organizada para o Día da Biblioteca na que os rapaces e rapazas de 3º ESO léronlles contos na biblioteca aos nenos e nenas de Infantil. O certo é que tod@s a disfrutaron moito. 






Día da BIBLIOTECA





martes, 20 de noviembre de 2018

TEMPO LIBRO

Retomamos neste curso a actividade extraescolar de TEMPO LIBRO, onde os libros, a música e as artes son os protagonistas xunto cos rapaces e rapazas que asisten a esta actividade. O obxectivo é pasalo ben contando historias...
 e sempre hai historias que contar!


SAMAÍN SAUDABLE

O pasado 31 de outubro celebramos o Samaín unha maneira moi saudable: todos os cursos prepararon merendas que se caracterizaban por ser sobre todo saudables, ademais de saborosísimas. Foi moi difícil escoller unha como merenda gañadora, así que todas tiveron unha mención especial. Nesas datas BibliOurizo fixo unha selección de títulos para que as lecturas protagonizadas por monstros, nenas do Alén, vampiros e demais seres nos acompañasen.


Biblioteca moi ACTIVA

A nosa biblio colabora co Proxecto Deportivo de Centro cedendo espazos de lectura activa. Desde o curso pasado podemos atopar en BibliOurizo bicicletas estáticas así como pelotas para que os nenos e nenas poidan gozar da lectura tamén en movemento. Estas actividades acadaron durante o último ano varios premios e tamén notoriedade nos medios de comunicación, tanto nacionais como estranxeiros. O interese dos medios de comunicación parte do importante proxecto que se leva a cabo no concello de Narón que ten por título "100.000 motivos de peso" e no que o noso centro participa dentro do programa "Cardioescolas". Toda a comunidade escolar está implicada neste saudable proxecto e por suposto tamén a biblioteca escolar.


BIBLIOURIZO


PROBANDO FERRAMENTAS ON LINE PARA CREAR IMAXES ORIXINAIS E ANIMADAS A TRAVÉS DE http://wigflip.com




viernes, 19 de octubre de 2018

Proxecto NO CORAZÓN DO BOSQUE

Xa está en marcha desde a biblioteca escolar o noso proxecto deste curso que leva como título "No corazón do bosque", proxecto que xirará entorno a varios eixes: o medioambiental, o dos hábitos saudables e o noso patrimonio cultural.  O tema escollido a finais do curso pasado entre varias propostas é amplo, e danos moito xogo xa que intentaremos relacionalo cos outros proxectos que se están a desenvolver no noso centro. Cremos que pode ser motivante, de fácil adaptación para as diferentes etapas educativas e tamén trataremos que sexa o más flexible posible. Co título queremos faces unha homenaxe a un autor galego que ten moitos e moitas lectores e lectoras en BibliOurizo: Agustín Fernández Paz. Dunha das súas obras  tomamos o título do proxecto. Das actividades e do produto desas actividades deixaremos constancia neste blog. 

CARTEL DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO 

domingo, 2 de septiembre de 2018

Presentación Material

Ao rematar o curso 17/18 fixemos unha pequena presentación do material adquirido para Bibliourizo. Asistimos todas as profesoras e profesores do centro para poder así ter en conta todos eses fondos para incluílos no traballo do curso seguinte. Agardamos que sexan de grande utilidade e seguimos admitindo suxerencias.




domingo, 15 de julio de 2018

Bo verán!


Despois dun ano intenso de actividades e aprendizaxe descansamos un tempo para poñer organizar as novidades do próximo curso. Non nos imos sen antes cargarnos de lecturas máxicas e interesantes.

viernes, 29 de junio de 2018

Lecturas de Verán

En nada temos por diante longas tardes de verán, desde BibliOurizo aconsellámosvos que vos acompañedes de boa xente e de boas lecturas. Aquí atopareces unha selección dalgúns libros que de seguro vos farán disfrutar aínda máis deste tempo de lecer. Bo verán e boas lecturas!!🙂




miércoles, 13 de junio de 2018

¡Amigo Mío!

Estes días chegou ás nosas mans un libro feito polos voluntarios e os nenos de Open Cultural Center, unha asociación constituída nos campos de refuxiados de Cherso, Sounio e na cidade de Policastro. Estes centros non só son educativos, senón que proporcionan aos nenos un entorno seguro no medio do caos, e permítenlles acceder a actividades como a música, o debuxo e o deporte. Este libro que xorde no campo de Cherso preséntanos historias de nenos e nenas contadas por el@s mesm@s. 
Nun aula de 2º de ESO tivemos a oportunidade de comentalo, de coñecer unha dura realidade: a dos nenos e nenas e as guerras, nas aulas debemos tratar e debater os temas de actualidade. Trala lectura compartida fomos  máis conscientes do que sucede ao noso redor, e iso conleva que podamos ser máis  solidarios. Para poder cambiar a realidade hai que coñecela e gracias e este libro achegámonos á vida desas persoas que só intentan "ter unha vida mellor e facer novos amigos", como escribe un dos rapaces.
Os beneficios do conto destinaranse integramente ás actividades educativas e culturais que Open Cultural Center desenvolve en Grecia.

¡Amigo mío!



Museo AUGARTE - Arte en BibliOurizo

Unha das actividades previstas para este 3º trimestre dende a biblioteca escolar ten como fío conductor a presenza da agua nas obras de arte. Tras escoller seis cadros entre os moitos nos que o elemento agua está presente desenvolvemos unha serie de actividades que van dende a observación, a visita virtual a museos internacionais a través da lectura de códigos QR, a escoita de audios coas características das diferentes obras gravados polo propio alumnado, uso de gafas de realidade virtual, e a investigación e a búsqueda de información sobre estas obras e os seus autores.
Tamén presentamos un percorrido polas mulleres pintoras galegas máis salientables a través dun panel en PADLET.  A música acuática  está presente coa obra de Händel, unha maneira de conxugar todas as artes.
Pretendemos traballar diferentes disciplinas nunha mesma actividade, fomentando a aprendizaxe en equipo e a alfabetización informacional, tratando tamén de ampliar a competencia dixital do alumnado. Todas as etapas participarán nesta actividade. 

Alumnado de 1º ESO en BibliOurizo

Alumnado de 2º EP

sábado, 9 de junio de 2018

PedaLeo

Neste curso levamos á biblioteca unha actividade que se veu desenvolvendo nas aulas en cursos pasados. Dentro do proxecto deportivo de centro e doutros programas nos que o noso cole participa (como Cardioescolas) foméntanse os hábitos saludables: exercicio físico e unha boa alimentación, así que desde a biblioteca escolar compartimos a necesidade de cuidar corpo e mente, polo que esas bicis estáticas axudan a realizar unha lectura en movemento.
Compartir neste blog que,  por esta e outras actividades,
 o noso centro foi galardoado co 1º premio do concurso Coles Activos organizado por Compromiso Atresmedia. Noraboa a tod@a por este magnífico traballo.








domingo, 27 de mayo de 2018

Concurso "Que é a auga para ti?"

Neste terceiro trimestre programamos unha actividade dentro do proxecto AUGA que consistiu nun concurso que levou por título QUE É A AUGA PARA TI? no que participaron todos os alumnos e alumnas agrupados en diferentes niveis. Para participar foi necesario presentar unha fotografía ou debuxo orixinal no que tivera especial relevancia a auga, este debería estar acompañado por un texto dunha media de 5 liñas de extensión. A data límite de entrega dos trabamos foi o luns 14 de maio, os premios entregáronse o mércores 16 de maio, na víspera das Letras Galegas, polo que os agasallos consisteron en varios títulos da autora María Victoria Moreno. Tamén se incluíron como agasallos un xogo educativo e una cascos inalámbricos. A participación foi moi alta e a escolla do gañador e das gañadoras resultou ben difícil. Os traballos exporanse nos corredores do centro durante o mes de xuño.


Noraboa a tod@s!!

Letras Galegas 2018 - María Victoria Moreno

Unha das actividades que realizamos para homenaxear á autora das Letras Galegas deste ano 2018, foi a colocación na biblioteca dunha árbore  decorada na que colgaban cintas cos títulos das obras de María Victoria Moreno, e follas cheas de palabras pertencentes los seus libros. Una árbore cuxas follas son fermosas palabras... como a nosa biblio un espazo onde a literatura é vida, emoción e descubrimento.


domingo, 13 de mayo de 2018

Festa das Letras

Nesta semana ratificamos o noso amor polas letras galegas como fixo María Victoria Moreno, autora á que este ano se lle adica a importante celebración. Durante esta semana serán numerosas as actividades que desenvolveremos no noso cole: remataremos as andainas polas letras que comenzamos o pasado mes de abril cunha andaina especial adicada ás NOSAS letras, as galegas., na biblioteca completaremos una árbore verdaderaimente especial chea de textos de María Victoria.Desde a biblioteca tamén está en marcha un concurso de redacción, ilustración  e fotografía coa temática da auga, proxecto que está a punto de rematar. Nos vindeiros días amosaremos os traballos premiados.



Letras Galegas 2018
María Victoria Moreno

martes, 1 de mayo de 2018

Lectura sen obrigacións

En BibliOurizo defendemos a idea de amar a lectura sen obrigacións, un espazo aberto a que cada un de nós atope o libro que lle faga disfrutar da lectura. Estamos no camiño... 
Na semana do 23 ao 26 de abril trasladamos unha pequena mostra da biblioteca ao patio, dous días mentres o tempo acompañou. Os diferentes grupos saíron de disfrutaron da lectura ao aire libre.

Día do libro 2018
BibliOurizo no patio


lunes, 23 de abril de 2018

BibliOurizo no patio.

Durante esta semana BibliOurizo trasládase ao patio, ao pé dun carballo e dun pradairo, buscando novos e atractivos espazos de lectura e de lecer. Natureza e lectura sempre da man.  Ambientamos esta zona verde do patio para levar, libros, xogos e outro material da biblioteca coa intención achegarnos á lectura dunha forma diferente: fóra do espazo físico da nosa biblio. Este cambio foi moi ben acollido, orixinou sorpresa, motivación, moitas ganas de quedar alí. Todos os grupos pasaron por esta zona que se engalanou para a ocasión. Os rapaces e rapazas deixaron constancia do seu interés participando nun photo call co lema EU LEO!







Presentación da Mascota da Biblioteca

Hoxe no Día do Libro, aproveitamos para facer a presentación da nosa mascota de BibliOurizo: Ouri. O debuxo gañador foi elixido entre todos os nenos e nenas de educación infantil que durante o primeiro trimestre participaron no concurso para a elección de mascota. Ouri terá un papel moi importante no fomento da lectura e da creatividade dos máis pequenos. Felicitar tamén ao neno de infantil 5 anos que creou este divertido e alegre ourizo

Dámoslle a benvida e invitámolo a traballar nesta fascinante aventura que é  a biblioteca escolar. 

Ouri


Entrega de agasallos.

domingo, 11 de marzo de 2018

Concurso NOVOS TALENTOS

O venres pasado dúas das nosas alumnas de 2º ESO participaron na 10ª edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto organizado por Coca Cola. A proba tivo lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Agardamos que teñan moitos éxitos,xa que son moi creativas, e agardamos tamén que disfrutaran desta xornada diferente que compartiron con outr@s cen alumn@s da provincia da Coruña. Moita sorte rapazas!!


Lecturas 8 de marzo

A biblioteca escolar seleccionou dos seus fondos lecturas centradas no Día da Muller, libros que fan visible a igualdade, a importancia das mulleres na historia, mulleres que sufriron na súa pel o non ser recoñecidas no seu momento. Mulleres ás que hoxe rendemos a nosa pequena homenaxe. 
E desde BibliOurizo renovamos o noso compromiso en seguir educando en prol da igualdade fomentando a participación nas actividades da biblioteca e  por suporto a lectura  e a información, pasaportes importantísimos hacia a liberdade. Por un 8 de marzo todos os días do ano.


domingo, 4 de marzo de 2018

Muíños do Xuvia.

Este curso andamos embarcados nun proxecto que leva como título AUGA e que pretendeu unificar o noso traballo desde a biblioteca escolar do centro. É o primeiro curso que o deseñamos así, e o certo e que as actividades desenvolvidas dentro do proxecto están resultando moi interesantes, tanto para o alumnado como para o profesorado que as coordina. Iso anímanos a seguir formándonos e  así poder mellorar nos vindeiros anos a elaboración destes proxectos documentais partindo da biblioteca escolar. 
Desta vez foros os alumnos e as alumnas de 4º de educación primaria os que investigaron sobre algúns muíños que se poden atopar ao longo do percorrido do río Xuvia ao seu paso polo concello de Narón, algún deles tan peculiar como un muíño de mareas. Non olvidaron ao vello Magnolio que temos preto do centro, presente no catálogo de árbores senlleiras. Felicitar aos rapaces e rapazas polo seu traballo e tamén á súa profe Laura por axudarlles a traballar coa documentación que aportaron. O produto deste traballo podémolo atopar nun libro que está á nosa disposición na biblioteca escolar.



domingo, 25 de febrero de 2018

Día de Rosalía

Desde Bibliourizo organizamos unha actividade na que a Rosalía muller foi a protagonista. "Coñecendo a Rosalía" é o título desta actividade que pretende achegar a autora a cada alumno e alumna. Repasaremos a figura literaria con algunhas lecturas que remarquen o significado da súa obra. Destacaremos o papel de muller valente e loitadora que daba voz ás inxustizas.
Tamén faremos unha lectura do Manifesto da AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega), gravaremos en vídeo esa lectura baixo o lema #AbrideAFiestra.
O certo é que o pasado día 23 de febrero todas as actividades que se realizaron no centro xiraron arredor da figura da gran escritora galega que foi Rosalía.

Educación Infantil




sábado, 17 de febrero de 2018

Concurso Cartas de Amor

A biblioteca escolar e o ENDL organizou un ano máis o concurso de Cartas de Amor para os rapaces e rapazas de educación secundaria. Ambientamos a nosa biblioteca para este evento, expuxemos lecturas acordes coa temática das cartas...
A carta ganadora tiña unha mensaxe moi positiva e era a de quererse a unha mesma, a pesar de todos os estereotipos femininos que nos rodean, de todas as presións... iso para a autora é o verdadeiro amor. 
Moitas grazas a tod@s os participantes! Animádevos a seguir escribindo SEMPRE.


Mochilas Viaxeiras

Neste 2º trimestre botaron a andar as Mochilas Viaxeiras co obxetivo de que os rapazas e rapazas de primaria compartan lecturas, xogos e momentos de ocio coas súas familias. Van cargadas de libros, revistas, vídeos, xogos de inxenio, enlaces a páxinas web de interese educativo... todo isto ofrecido desde a biblioteca escolar coa intención de dar a coñecer os nosos fondos, de facilitar un acceso igualitario ao noso material e, por suposto, de implicar ás familias no fomento da lectura. 


Neste enlace poderes consultar o material que levan cada unha das mochilas que se puxeron en marcha: 
https://issuu.com/anacaaveiro/docs/mochilas_viaxeiras_para_issuu



sábado, 20 de enero de 2018

Bolsas Viaxeiras

Esta semana comenzaron a súa aventura cos nenos e nenas de Educación Infantil as "Bolsas Viaxeiras". Cada venres levarán un libro que completará as súas lecturas do fin de semana fomentando así a lectura e o hábito de  facernos acompañar sempre por un bo libro. Boas lecturas!!



Concurso Cartas de Amor


Comenzamos o trimestre organizando, desde a  biblioteca escolar e o Equipo de Normalización Lingüística,  unha nova edición do concurso de Cartas de Amor. Durante este mes iremos recibido as cartas dos alumnos e alumnas de ESO participantes e o día 15 de febreiro daremos a coñecer ao gañador ou gañadora. 
En BibliOurizo fixemos unha pequena mostra de textos inspiradores💝. As bases do concurso están a disposición dos participantes. Animádevos a participar presentando os vosos textos en galego cheos de amor e creatividade.




Mostra de obras en BibliOurizo