miércoles, 26 de abril de 2017

PorFÍO Musical


 Co "Starman" de David Bowie comenzamos coa presentación do proxecto que a partir da biblioteca escolar imos desenvolver neste terceiro trimestre. O título que leva este traballo é o de PorFÍO musical. Porfiaremos neste último trimestre no fomento da lectura, na investigación e no tratamento da información, na visualización das diferentes artes (visualizando películas, escoitando e comprendendo cancións...), e no traballo colaborativo de todo o alumnado e o profesorado implicado no proxecto. Na entrada do cole podedes visualizar carteis onde podedes escoller entre libro ou película, con cal vos quedades? Recoñecedes bandas sonoras famosas? Antón Cortizas traballará cos alumnos e alumnas de educación primaria o ritmo na poesía. Tamén a cociña terá un oco entre as actividades, xa que cociñaremos con Escarlatina, personaxe literario de gran éxito entre os lectores máis novos.
 Iremos dando conta neste blog de todas as actividades que se vaian realizando.


Imaxe de @petergreenwooduk

Día do Libro

Este ano organizamos varias actividades para celebrar esta data tan significativa para BibliOurizo. Propuxemos como obxectivo común dar a coñecer diferentes obras da literatura infantil e xuvenil. Cada aula traballou obras como O Principiño, O xorobado de Notre Dame, Alicia no País das Marabillas, Memorias dun neno labrego... así cada grupo decorou a porta da súa aula cunha ilustración relacionada con estas obras. Proximamente subiremos o resultado. 
Aquí deixamos tamén uns marcapáxinas elaborados polo grupo de 1º ESO tras a lectura de Alicia no País das Marabillas.
Nos próximos días agárdanos unha importante e artística sorpresa en BibliOurizo relacionada tamén con esta celebración.



domingo, 2 de abril de 2017

Presentación de "Lasaña, la araña" en BibliOurizo

Durante esta semana e con motivo da celebración do Día Internacional do libro infantil e xuvenil, a escritora e contacontos Raquel Sánchez Ortiz presentará o venres 7 de abril na nosa biblioteca a súa obra "Lasaña, la araña", un conto que achega o tema do acoso escolar aos máis pequenos. Á presentación, en castelán e en inglés, asistirán os nenos e nenas de educación infantil e os de 1º, 2º e 2º de educación primaria.