lunes, 23 de abril de 2018

BibliOurizo no patio.

Durante esta semana BibliOurizo trasládase ao patio, ao pé dun carballo e dun pradairo, buscando novos e atractivos espazos de lectura e de lecer. Natureza e lectura sempre da man.  Ambientamos esta zona verde do patio para levar, libros, xogos e outro material da biblioteca coa intención achegarnos á lectura dunha forma diferente: fóra do espazo físico da nosa biblio. Este cambio foi moi ben acollido, orixinou sorpresa, motivación, moitas ganas de quedar alí. Todos os grupos pasaron por esta zona que se engalanou para a ocasión. Os rapaces e rapazas deixaron constancia do seu interés participando nun photo call co lema EU LEO!







Presentación da Mascota da Biblioteca

Hoxe no Día do Libro, aproveitamos para facer a presentación da nosa mascota de BibliOurizo: Ouri. O debuxo gañador foi elixido entre todos os nenos e nenas de educación infantil que durante o primeiro trimestre participaron no concurso para a elección de mascota. Ouri terá un papel moi importante no fomento da lectura e da creatividade dos máis pequenos. Felicitar tamén ao neno de infantil 5 anos que creou este divertido e alegre ourizo

Dámoslle a benvida e invitámolo a traballar nesta fascinante aventura que é  a biblioteca escolar. 

Ouri


Entrega de agasallos.