domingo, 27 de mayo de 2018

Concurso "Que é a auga para ti?"

Neste terceiro trimestre programamos unha actividade dentro do proxecto AUGA que consistiu nun concurso que levou por título QUE É A AUGA PARA TI? no que participaron todos os alumnos e alumnas agrupados en diferentes niveis. Para participar foi necesario presentar unha fotografía ou debuxo orixinal no que tivera especial relevancia a auga, este debería estar acompañado por un texto dunha media de 5 liñas de extensión. A data límite de entrega dos trabamos foi o luns 14 de maio, os premios entregáronse o mércores 16 de maio, na víspera das Letras Galegas, polo que os agasallos consisteron en varios títulos da autora María Victoria Moreno. Tamén se incluíron como agasallos un xogo educativo e una cascos inalámbricos. A participación foi moi alta e a escolla do gañador e das gañadoras resultou ben difícil. Os traballos exporanse nos corredores do centro durante o mes de xuño.


Noraboa a tod@s!!

Letras Galegas 2018 - María Victoria Moreno

Unha das actividades que realizamos para homenaxear á autora das Letras Galegas deste ano 2018, foi a colocación na biblioteca dunha árbore  decorada na que colgaban cintas cos títulos das obras de María Victoria Moreno, e follas cheas de palabras pertencentes los seus libros. Una árbore cuxas follas son fermosas palabras... como a nosa biblio un espazo onde a literatura é vida, emoción e descubrimento.


domingo, 13 de mayo de 2018

Festa das Letras

Nesta semana ratificamos o noso amor polas letras galegas como fixo María Victoria Moreno, autora á que este ano se lle adica a importante celebración. Durante esta semana serán numerosas as actividades que desenvolveremos no noso cole: remataremos as andainas polas letras que comenzamos o pasado mes de abril cunha andaina especial adicada ás NOSAS letras, as galegas., na biblioteca completaremos una árbore verdaderaimente especial chea de textos de María Victoria.Desde a biblioteca tamén está en marcha un concurso de redacción, ilustración  e fotografía coa temática da auga, proxecto que está a punto de rematar. Nos vindeiros días amosaremos os traballos premiados.



Letras Galegas 2018
María Victoria Moreno

martes, 1 de mayo de 2018

Lectura sen obrigacións

En BibliOurizo defendemos a idea de amar a lectura sen obrigacións, un espazo aberto a que cada un de nós atope o libro que lle faga disfrutar da lectura. Estamos no camiño... 
Na semana do 23 ao 26 de abril trasladamos unha pequena mostra da biblioteca ao patio, dous días mentres o tempo acompañou. Os diferentes grupos saíron de disfrutaron da lectura ao aire libre.

Día do libro 2018
BibliOurizo no patio