domingo, 20 de enero de 2019

RADIO NA BIBLIO



A comezos  deste curso solicitamos a participación no programa RADIO NA BIBLIO, dependente do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. A nosa solicitude foi aceptada, así que agora formamos parte ducha rede de centros que ten a radio como ferramenta de ensino. Para poder organizarnos da mellor maneira posible participamos tanto o alumnado como o profesorado nun obradoiro de iniciación á radio impartido por Xerardo e Damián, da Asociación cultural PONTE...NAS ONDAS! Nas vindeiras semanas un grupo de profesores e profesoras asistiremos a formación no CFR Ferrol. Tamén teremos a oportunidade de visitar un CEIP e asistir a unha grabación de radio en directo. Comenzamos o camiño.. xa estamos no aire!





Visitas a BibliOurizo

A semana pasada, por iniciativa do CFR Ferrol, visitaron o noso centro un grupo de profesoras galesas. Acompañadas por alumnado de secundaria e por algúns/algunhas profes coñeceron os nosos proxectos, as nosas aulas e asinaron no libro de visitas de BibliOurizo, recén estreado. Agardamos que a visita lles resultara satisfactoria, nós estivemos encantados de recibilas.
Libro visitas


En BibliOurizo


lunes, 14 de enero de 2019

Concurso Cartas de Amor

BibliOurizo convoca un concurso de Cartas de Amor no que poderán participar os alumnos e alumnas de ESO. As cartas deberán ser orixinais e estar escritas en lingua galega. Tamén a presentación das cartas será tida en conta, ademais do seu contido. As alumnas e alumnos participantes deberán entregar o traballo nun sobre pechado no que figurará un pseudónimo da autora ou autor. A carta ganadora darase a coñecer o xoves 14 de febreiro na biblioteca escolar do centro. 
O xurado que elixirá a carta gañadora estará formado por membros de Equipo de Biblioteca e do EDNL.


domingo, 13 de enero de 2019

Calendario do Libro e da Lectura 2019




Obradoiro de Iniciación á Radio




RadiOurizo

Este curso teremos a oportunidade de incoporar un novo e atractivo proxecto: a creación dunha radio escolar. O noso alumnado e profesorado recibiu formación impartida por membros da asociación Ponte ... nas Ondas!. Estamos moi ilusionados ante este novo reto que parte da biblioteca escolar.


Coñecendo ao Apalpador.

Durante a última semana do Nadal na actividade de TEMPO LIBRO xogamos a coñecer a figura do Apalpador, ese home que baixa da montaña a ver se os cativiños son comedores. Aprovechamos para reconocer vocabulario e follas das árbores que poboan os nosos espazos de montaña. Utilizamos libros, música e o kamishibai para presentar a esta figura do Nadal galego. 

Tempo Libro Nadal 2018