viernes, 22 de diciembre de 2017

Lecturas para o Nadal


No seguinte enlace podedes consultar algunha das lecturas recomendadas por BibliOurizo para este Nadal.


https://issuu.com/anacaaveiro/docs/lecturas_nadal_2/4

BibliOurizo deséxavos Bo Nadal!!!

 A ilustración que forma parte este ano da felicitación de Nadal foi feita por Ari E., unha alumna de 2º ESO entusiasmada co mundo da ilustración. Realizouna no marco das actividades programadas para 24 de outubro no Día da Biblioteca. Así que aproveitamos esta marabillaa para felicitar as festas a todos e todas as que formamos parte desta comunidade. Desexando seguir un ano máis traballando pola lectura e por enriquecer a nosa aprendizaxe desde a nosa biblioteca escolar.


martes, 28 de noviembre de 2017

NON á Violencia contra a Muller.

Durante este primeiro trimestre a data escollida para trabalhar desde a biblioteca escolar foi a do 25 de novembro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Organizáronse numerosas actividades para concienciar aos rapaces e rapazas da problemática que supón esta situación para a sociedade, traballamos a igualdade e a educación como base de todo.  En Educación Secundaria participaron nun video no que se recordan a todas as vítimas deste ano 2017, tanto mulleres asasinadas coma aos seus fillos que tamén pereceron en actos violentos. Tamén lemos un pequeno manifesto no que rexeitamos de maneira tallante e clara a violencia de xénero.




domingo, 19 de noviembre de 2017

Cancioneiros e Proxecto Auga

Na actividade extraescolar de Pandeireta aprenderon o que é un cancioneiro e relacionaron o aprendido co noso proxecto Auga. Nalgunhas das coplas recollidas no cancioneiro traballado aparece a auga como elemento (ríos, mares, fontes, regatos, choiva, orballo...) e os oficios relacionados con ela (mariñeiros, lavandeiras, muiñeiros...), este últimos nas suas xuntanzas contaban lendas e cantaban as coplas que trababallamos nas nosas actividades.  

Actividade Extraescolar Pandeireta

viernes, 17 de noviembre de 2017

Traballando a Igualdade

Esta semana BibliOurizo traballará pola Igualdade e rexeitará dunha maneira clara calquera tipo de violencia contra a muller. Son varias as actividades preparadas para estes días: lecturas, debates, creación de relatos e de debuxos... 
De momento na nosa biblioteca escolar ofrecemos varias lecturas que fomentan a igualdade de xénero. 









martes, 31 de octubre de 2017

Recomendacións para pasar medo


Lecturas escollidas para estes días nos que celebramos o Samaín. Lecturas protagonizadas por monstros, por personaxes do Alén... animádevos a collelas en BibliOurizo!!



viernes, 27 de octubre de 2017

Buscamos mascota para BibliOurizo

Coincidindo co Día da Biblioteca, o pasado martes 24 de outubro, organizamos un pequeno concurso entre o alumnado de Educación Infantil e o de 1º e 2º de primaria. Propuxémoslles que debuxaran unha mascota para a biblioteca. Participaron moi motivados e a elección vai resultar ben difícil xa que hai auténticas obras de arte cheas de cor. 
Nos vindeiros días daremos a coñecer a nova mascota de BibliOurizo.


Día da Biblioteca

O pasado martes día 24 de outubro celebramos na nosa biblioteca unha gran festa pola lectura. Programamos varias actividades: sobre a mesa da biblioteca, enteramente decorada para a ocasión,  colocamos algunhas das novidades coas que contabamos este mes, a cada grupo correspondeulle un libro de lectura que compartiron cos seus compañeiros e compañeiras: "Pipi Mediaslongas", "Feliz Feroz", "Rubicundo", "A señorita Bubble", "O vivía entre o centro", "A que sabe a Lúa?", "Cocorico", "O coelliño branco", "La ciudad de las bestias"... libros cos que nos divertimos, aprendimos e pensamos.  Libros que lles descubriron mundos e que xa están nas casas destes rapaces e rapazas,  non tardaron nada en solicitalos en préstamo.
Tamén quixemos adicarlle un lugar á ilustración, así que unha alumna de 2º ESO estivo durante a debuxando unha ilustración sobre o Día da Biblioteca e inspirándose no lema das bibliotecas escolares deste ano "Aprendendo a pensar".
A música tamén estivo presente con divertidas cancións da Gramola Gominola, Pitusa Semidifusa, Migallas e outros, bailamos, lemos, divertímonos,  todo na nosa biblioteca escolar.





viernes, 29 de septiembre de 2017

Nubes sobre mentes curiosas

Continuamos desenvolvendo o noso proxecto anual, neste caso foi a aula de 3º de primaria que coñeceu o proxecto grazas a esta ambientación que fixeron da súa aula. Nubes cheas de auga sobre mentes curiosas.

Aula de 3ºEP

lunes, 25 de septiembre de 2017

Material Proxecto "Auga"



Xa temos exposto na biblioteca unha parte do material que poderes utilizar para traballar o proxecto "Auga" . Tentaremos amplialo a diversos formatos durante este mes de outubro. Mentres tanto podedes consultalo e disfrutar da súa lectura en BibliOurizo.


BibliOurizo


Pingas con desexos.

Xa estamos dando a coñecer o Proxecto "Auga" nos diferentes niveis. Os rapaces e rapazas de 4º EP adornaron a súa aula cunha árbore chea de pinguiñas de desexos. Entre os nosos está o que conserven esa curiosidade e motivación durante toda a súa vida. Adiante Proxecto "Auga"!!




viernes, 22 de septiembre de 2017

Agasallos para lectores curiosos.

Desde BibliOurizo comenzamos o curso agasallando ás nais, pais, profes e lectores ben curiosos cun libro que poden recoller na entrada do centro. Ese libro indica o comezo dunha aventura entre aqueles que se amosen interesados. 
Eses libros non se devolven, intercámbianse, regálanse e, sobre todo, disfrútanse. Durante unha boa tempada poderedes botar unha ollada no caixón a ver se hai algo que vos interese. 
Están envoltos, non poderedes coñecer o título, o autor ou a lingua, pero si haberá unha mensaxe escrita que tratará de orientarvos sobre a temática e incitarvos a que desexedes lelo. Gracias por facer destes libros uns exemplares viaxeiros. Boa lectura neste outono que comeza.

Libros preparados para viaxar.

jueves, 7 de septiembre de 2017

Proxecto Auga

Desde a biblioteca escolar propoñemos para este curso 2107/18 levar a cabo o proxecto que leva como título "Auga, elemento de vida". Centrarémonos no entorno do noso centro e na importancia que ten a agua na nosa paisaxe, economía, etnografía... son moitos os elementos cos que convivimos e que non coñecemos o suficiente. O obxectivo deste traballo é o de motivar ao alumnado a unha aprendizaxe activo partindo da biblioteca escolar como fonte de recursos.





martes, 20 de junio de 2017

Cociñando con Escarlatina


Despois de ver o éxito que tivo Escarlatina como lectura nestes últimos cursos decidimos adicarlle unha actividade á súa altura na biblioteca.
Así transformamos BibliOurizo nun restaurante francés para recrear o Hotel Fantastique do libro de Ledicia Costas Esmeraldina a pequena defunta.
Lecturas, música e postres riquísimos foron a combinación perfecta para unha mañá na biblioteca.










miércoles, 7 de junio de 2017

A canción da súa vida

Unha das actividades que traballamos dentro do porFÍO musical desde trimestre consistiu en crear códigos QR a partir das cancións escollidas polos profesores e profesoras de secundaria. Realizaron varias tareas que consistiron na busca da canción e do su videoclip, da letra e da historia da canción e do seu intérprete. Por último vincularon o vídeo con código QR para que os diferentes grupos podan xogar a relacionalas. Unha vez escoitadas e visionadas o alumnado participante poderá cubrir unha "quiniela" para intentar acertar con que profesor ou profesora relaciona a canción. Durante última semana de curso daráse a coñecer o gañador ou gañadora.


sábado, 3 de junio de 2017

Letras Galegas

Este ano desenvolvemos desde a biblioteca escolar numerosas actividades relacionadas con Carlos Casares e a súa obra. Fixemos unha pequena exposición con obras de Casares e a partir de aí os rapaces de primaria interpretaron as lecturas realizando traballos artísticos.


martes, 23 de mayo de 2017

En pleno porFÍO

Durante os vindeiros días iremos presentando neste blog as actividades que vimos desenvolvendo no noso proxecto de biblioteca escolar do terceiro trimestre. Ao longo destas últimas semanas os nenos e nenas de infantil e primaria escolleron entre o libro ou a película. O libro da selva, Peter Pan, O Mago de Oz e As crónicas de Narnia son algúns dos libros e películas coas que traballaron, sorprenderíanos saber qué formato resultou o escollido. Os de 4º de ESO andan a voltas coas letras de diferentes cancións escollidas polos seus profesores, e en 1º de ESO agardan pasar unha xornada de degustación de doces e lecturas con Escarlatina. En breve subiremos fotos do desenvolvemento destas  e doutras actividades que se están a desenvolver en BibliOurizo. Agora toca gozar cos libros e a música....

PorFÍO musical en BibliOurizo

miércoles, 26 de abril de 2017

PorFÍO Musical


 Co "Starman" de David Bowie comenzamos coa presentación do proxecto que a partir da biblioteca escolar imos desenvolver neste terceiro trimestre. O título que leva este traballo é o de PorFÍO musical. Porfiaremos neste último trimestre no fomento da lectura, na investigación e no tratamento da información, na visualización das diferentes artes (visualizando películas, escoitando e comprendendo cancións...), e no traballo colaborativo de todo o alumnado e o profesorado implicado no proxecto. Na entrada do cole podedes visualizar carteis onde podedes escoller entre libro ou película, con cal vos quedades? Recoñecedes bandas sonoras famosas? Antón Cortizas traballará cos alumnos e alumnas de educación primaria o ritmo na poesía. Tamén a cociña terá un oco entre as actividades, xa que cociñaremos con Escarlatina, personaxe literario de gran éxito entre os lectores máis novos.
 Iremos dando conta neste blog de todas as actividades que se vaian realizando.


Imaxe de @petergreenwooduk

Día do Libro

Este ano organizamos varias actividades para celebrar esta data tan significativa para BibliOurizo. Propuxemos como obxectivo común dar a coñecer diferentes obras da literatura infantil e xuvenil. Cada aula traballou obras como O Principiño, O xorobado de Notre Dame, Alicia no País das Marabillas, Memorias dun neno labrego... así cada grupo decorou a porta da súa aula cunha ilustración relacionada con estas obras. Proximamente subiremos o resultado. 
Aquí deixamos tamén uns marcapáxinas elaborados polo grupo de 1º ESO tras a lectura de Alicia no País das Marabillas.
Nos próximos días agárdanos unha importante e artística sorpresa en BibliOurizo relacionada tamén con esta celebración.



domingo, 2 de abril de 2017

Presentación de "Lasaña, la araña" en BibliOurizo

Durante esta semana e con motivo da celebración do Día Internacional do libro infantil e xuvenil, a escritora e contacontos Raquel Sánchez Ortiz presentará o venres 7 de abril na nosa biblioteca a súa obra "Lasaña, la araña", un conto que achega o tema do acoso escolar aos máis pequenos. Á presentación, en castelán e en inglés, asistirán os nenos e nenas de educación infantil e os de 1º, 2º e 2º de educación primaria. 



lunes, 20 de marzo de 2017

Haikus no Día Mundial da Poesía





No Día Mundial da Poesía presentamos os haikus, uns poemas breves de orixe xaponés que amosan escenas da natureza ou da vida cotia. Tradicionalmente escríbense en tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas. A miúdo inclúen un kigo, que indica en que estación se sitúa o poema.


sábado, 18 de marzo de 2017

Exipto


Durante este segundo trimestre desenvolveuse  desde a biblioteca escolar un proxecto que leva como título Exipto. Os nenos e nenas de Educación Infantil presentáronos un poema no que repasan a historia,  a xeografía e o modo de vida dos exipcios. Pasárono moi ben e penso que tamén aprenderon moito.