domingo, 11 de marzo de 2018

Concurso NOVOS TALENTOS

O venres pasado dúas das nosas alumnas de 2º ESO participaron na 10ª edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto organizado por Coca Cola. A proba tivo lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Agardamos que teñan moitos éxitos,xa que son moi creativas, e agardamos tamén que disfrutaran desta xornada diferente que compartiron con outr@s cen alumn@s da provincia da Coruña. Moita sorte rapazas!!


Lecturas 8 de marzo

A biblioteca escolar seleccionou dos seus fondos lecturas centradas no Día da Muller, libros que fan visible a igualdade, a importancia das mulleres na historia, mulleres que sufriron na súa pel o non ser recoñecidas no seu momento. Mulleres ás que hoxe rendemos a nosa pequena homenaxe. 
E desde BibliOurizo renovamos o noso compromiso en seguir educando en prol da igualdade fomentando a participación nas actividades da biblioteca e  por suporto a lectura  e a información, pasaportes importantísimos hacia a liberdade. Por un 8 de marzo todos os días do ano.


domingo, 4 de marzo de 2018

Muíños do Xuvia.

Este curso andamos embarcados nun proxecto que leva como título AUGA e que pretendeu unificar o noso traballo desde a biblioteca escolar do centro. É o primeiro curso que o deseñamos así, e o certo e que as actividades desenvolvidas dentro do proxecto están resultando moi interesantes, tanto para o alumnado como para o profesorado que as coordina. Iso anímanos a seguir formándonos e  así poder mellorar nos vindeiros anos a elaboración destes proxectos documentais partindo da biblioteca escolar. 
Desta vez foros os alumnos e as alumnas de 4º de educación primaria os que investigaron sobre algúns muíños que se poden atopar ao longo do percorrido do río Xuvia ao seu paso polo concello de Narón, algún deles tan peculiar como un muíño de mareas. Non olvidaron ao vello Magnolio que temos preto do centro, presente no catálogo de árbores senlleiras. Felicitar aos rapaces e rapazas polo seu traballo e tamén á súa profe Laura por axudarlles a traballar coa documentación que aportaron. O produto deste traballo podémolo atopar nun libro que está á nosa disposición na biblioteca escolar.