Museo AUGARTE - Arte en BibliOurizo
Unha das actividades previstas para este 3º trimestre dende a biblioteca escolar ten como fío conductor a presenza da agua nas obras de arte. Tras escoller seis cadros entre os moitos nos que o elemento agua está presente desenvolvemos unha serie de actividades que van dende a observación, a visita virtual a museos internacionais a través da lectura de códigos QR, a escoita de audios coas características das diferentes obras gravados polo propio alumnado, uso de gafas de realidade virtual, e a investigación e a búsqueda de información sobre estas obras e os seus autores.
Tamén presentamos un percorrido polas mulleres pintoras galegas máis salientables a través dun panel en PADLET. A música acuática está presente coa obra de Händel, unha maneira de conxugar todas as artes.
Pretendemos traballar diferentes disciplinas nunha mesma actividade, fomentando a aprendizaxe en equipo e a alfabetización informacional, tratando tamén de ampliar a competencia dixital do alumnado. Todas as etapas participarán nesta actividade.
Alumnado de 1º ESO en BibliOurizo |
Alumnado de 2º EP |
Comentarios
Publicar un comentario