¡Amigo Mío!

Estes días chegou ás nosas mans un libro feito polos voluntarios e os nenos de Open Cultural Center, unha asociación constituída nos campos de refuxiados de Cherso, Sounio e na cidade de Policastro. Estes centros non só son educativos, senón que proporcionan aos nenos un entorno seguro no medio do caos, e permítenlles acceder a actividades como a música, o debuxo e o deporte. Este libro que xorde no campo de Cherso preséntanos historias de nenos e nenas contadas por el@s mesm@s. 
Nun aula de 2º de ESO tivemos a oportunidade de comentalo, de coñecer unha dura realidade: a dos nenos e nenas e as guerras, nas aulas debemos tratar e debater os temas de actualidade. Trala lectura compartida fomos  máis conscientes do que sucede ao noso redor, e iso conleva que podamos ser máis  solidarios. Para poder cambiar a realidade hai que coñecela e gracias e este libro achegámonos á vida desas persoas que só intentan "ter unha vida mellor e facer novos amigos", como escribe un dos rapaces.
Os beneficios do conto destinaranse integramente ás actividades educativas e culturais que Open Cultural Center desenvolve en Grecia.

¡Amigo mío!



Comentarios

Entradas populares