#8MARZO

BibliOurizo é un espazo que promove e fomenta a igualdade, no seu día a día a través das lecturas que ofrece e das actividades que organiza. Dende o curso pasado vimos participando no concurso de carteis que con motivo do Día da Muller Traballadora organiza a Consellería de Igualdade. Unha das nosas alumnas (unha artista) presentou os seus traballos e aquí os compartimos coa intención de que se poida apreciar o valor, esforzo e a ilusión  que supuxo para ela presentalos. Ten o noso recoñecemento e queremos deixar de manifesto que estamos moi orgullosos /as deste traballo. Noraboa Ariadna!

Deseñado por Ariadna Escudero 4º ESO

Comentarios

Entradas populares