Este curso ARTEllamos

Durante este curso imos ARTEllar no senso máis amplo da palabra. As artes e os/as artistas serán as protagonistas. Desde BibliOurizo queremos poñer a beleza no punto de mira. A beleza das obras, pero tamén do feito á man. Este ano o noso proxecto leva como título Artellando: unha biblio con moita arte no que desenvolveremos moitas actividades nas que se fomentará e valorará o artístico e no que trataremos de visibilizar aos nosos e ás nosas artistas. Irá da man doutros proxectos que se están a desenvolver no cole, como é o de Voz Natura que leva como título #senplastiFICAR e que centra o seu traballo na temática e preocupación medioambiental, pero tamén no traballo de investigación da vida e obra de diferentes artistas femininas. 
O Camiño De Santiago tamén vai estar presente no noso proxecto a través da tarefa "A Jorge no camiño" cuxas actividades recolleranse nun diario que será editado ao finalizar as etapas,  o traballo centrarase na convivencia, na investigación do noso patrimonio e no fomento dos hábitos de vida saudable (o noso centro posúe o Selo de Vida Saudable e é escola pionera en Cardioescolas). Todos estes proxectos únense para dar forza ao lema de Bibliotecas Escolares desde ano: Biblioteca Escolar, Viveiro de Cidadanía. 


Comentarios

Entradas populares