Agasallos para lectores curiosos.

Desde BibliOurizo comenzamos o curso agasallando ás nais, pais, profes e lectores ben curiosos cun libro que poden recoller na entrada do centro. Ese libro indica o comezo dunha aventura entre aqueles que se amosen interesados. 
Eses libros non se devolven, intercámbianse, regálanse e, sobre todo, disfrútanse. Durante unha boa tempada poderedes botar unha ollada no caixón a ver se hai algo que vos interese. 
Están envoltos, non poderedes coñecer o título, o autor ou a lingua, pero si haberá unha mensaxe escrita que tratará de orientarvos sobre a temática e incitarvos a que desexedes lelo. Gracias por facer destes libros uns exemplares viaxeiros. Boa lectura neste outono que comeza.

Libros preparados para viaxar.

Comentarios

Entradas populares