Tempos de biblioteca
Estes son tempos de biblioteca. A nosa como espazo non pode acoller ao alumnado como viña facendo ata agora, pero os seus recursos chegarán a todos e a todas. Este é o noso principal obxectivo. Seguiremos seleccionando lecturas para que os rapaces e rapazas deixen voar a súa imaxinación.
Concordamos co lema deste ano de bibliotecas escolares, promoveremos camiños que nos leven a coñecer, a imaxinar, a aprender, a respetar. Abordaremos a lectura como unha aventura no noso proxecto Aventúrate. Descubriremos lugares co noso proxecto medioambiental Pasiño a pasiño, polo que percorreremos o Camiño Inglés. Aprenderemos a coidarnos e a coidar a través do proxecto "Cardioescolas" e aproveitaremos os espazos do exterior co noso Patio de Sorrisos. Todos estes proxectos estarán ligados á nosa biblioteca escolar, que se amplía abríndose á comunidade educativa.
Lema do curso 2020-2021 |
Comentarios
Publicar un comentario